lunes, 22 de septiembre de 2014

Clases de calceta..



A partir do mes de outubro darei clases de calceta e ganchillo en Lugo. Na mercería  Un Amor de Botón ,  na rúa Montevideo. Aínda quedan plazas, se estás interesad@ pásate por alí e pregunta horarios e prezos... Alí podes atopar todo tipo de materiais para as túas labores e uns botóns chulísimos... Ademáis dunhas rapazas encantadoras que fan moi acolledor o sitio. Anímate.






sábado, 26 de julio de 2014

II FÍA DE ÍNSUA

O domingo pasado houbo unha fía na parroquia de Ínsua en Vilalba, a asociación de mulleres desta parroquia está a facer unha laboura de recuperación incríble. Xa levan anos facendo todo o proceso do liño e recreándoo na tasca que organizan en outubro. Xa vos informarei cando seipa a data exacta. 
 E agora tamén organizan unha fía, e alá me fun cos meus petates. Foi un auténtico placer participar nesta fía, paseino xenial. Aquí vos deixo unhas fotos do meu posto...
grazas dende aquí a Lou polas fotos tan boas que me fixo...




martes, 8 de julio de 2014

Un novo chal...

este verán no grupo Greta and the fibers están a organizar un KAL no que decidín participar porque me encantou este chal.  Os gráficos son fáciles de recordar polo que é bastante fácil e faise rápido. parecíame algo pequeno e fixen unha repetición máis do último gráfico antes de facer o borde. Logo no borde non me coincidían os puntos e tiven que improvisar algo pero o resultado gustoume moito...
















E como me gustou tanto, empecei outro dos chales  do KAL, espero ensinarvolo pronto...
Se queredes participar aínda estades a tempo, pasádevos polo grupo de ravelry.
Máis detalles aquí

viernes, 13 de junio de 2014

KNITTY

Xa saiu o Knitty de outono, para as que non o saibades o knitty é unha revista de calceta na rede, totalmente gratuíta , eso sí está escrita en ingles. Sempre ten algo interesante para tecer.
Por exemplo nesta entrega eu destacaría   estes calcetíns e este chal


e este xersei nunha cor soa pode quedar chulísimo







lunes, 9 de junio de 2014

FOLIADA DE ORBAZAI
Este sábado foi a foliada de Orbazai e chamáronme para expoñer o meu traballo nunha pequena feira de artesanía. Viñeron a facerme compaña Tania máis coñecida como Alfanhui14 e Cris de Bolboreta Calceta. Pasmos un día entre risas, calceta e música tradicional. Moitas grazas rapazas por vir até aquí





viernes, 23 de mayo de 2014

spanish swap primavera 2014


Despois de varios anos sin participar nun intercambio apunteime e a miña sorprendedora envioume este paquetazo, encantoume todo. Ata tivo o detalle de facer un boneco-ruxeruxe para a miña nena. Moitísimas grazas Laura. Nótase que o paquete está feito con moito agarimo.
   
Después de varios años sin participar en un intercambio me apunté y mi sorprendedora me ha enviado este paquetazo, me encantó todo. Hasta tuvo el detallazo de hacer un muñeco-sonajero para mi niña. Muchísimas gracias Laura, se nota que has preparado tu paquete con mucho cariño.










jueves, 1 de mayo de 2014

Cando queira déixoo....




pero non quero deixalo, porque me gusta, porque me fai sentir ben...
 e a vós qué vos fai sentir ben?