sábado, 7 de noviembre de 2015

Amigas tecedoras


A miña amiga Bolboreta calceta e máis eu puxémonos xuntas a tecer un chal da deseñadora Boo Knits que había tempo que queriamos facer. Busquei unha lá que tiña gardada para algo especial
e, outra amiga, El telar de Ixchel, regaloume os abalorios que quedaban perfectos para a lá que escollín. Comecei a tecelo e aquí comezou a miña odisea... Primeiro  acabáronseme os abalorios e tiven que mercar máis, pedinos á tenda británica onde os mercara El telar de Ixchel, co cal xa tiven que esperar uns dez días a que me  chegaran. Logo da espera polos abalorios, cando xa estaba a piques de rematalo, acabouseme a lá  e non quería desfacer ese remate  de piquiños tan bonito e laborioso. Así que decidín pedir axuda en ravelry, ás amigas tecedoras por se algunha tivese un resto de la da mesma cor. E foi outra amiga tecedora, Anisor, a que me axudou esta vez, mandoume un noveliño de lá que lle sobrara dun dos seus proxectos. Pese a todos estes contratempos, e grazas á axuda desinteresada destas amigas tecedoras conseguín rematar este chal. Sen elas  este sería un proxecto sen rematar metido nunha bolsa, e cun montón de horas perdidas. Cando empecei a navegar por internet nunca pensei que podería coñecer a tanta xente co mesmo interés ca min. E dende logo nunca imaxinei que faría amigas de verdade, das que sempre están aí incondicionalmente. Grazas nenas!!! sodes uns soles.





lunes, 4 de mayo de 2015

Dalia












 Hoxe queriavos ensinar unha chaqueta preciosa que fixen xa hai tempo... Foi un amor a primeira vista, vina nunha revista americana e no instante merquei a revista e a la, e aquel mesmo día empeceina...

Preciosa sí, pero incómoda tanto como bonita... púxena un par de veces e decidín desfacela porque me resultava incómoda de levar... 


Se vos fixades nas fotos na sisa fai unha enruga extraña... pois aí é onde era imposible de levar... Algún día, cando teña tempo, refarei o patrón para que sente ben e sexa máis cómoda, porque realmente me gusta moito... con outra feitura nas mangas sería máis poñible.

Siiiii, desfixen todo ese traballo, porque creo que a esa la se lle pode dar mellor vida. A la é da marca araucania e a calidade ranco solid, unha lá máis que recomendable, bo prezo e mellor calidade, e unhas cores preciosas... A ver que patrón lle busco, esta vez para non desfacela e poder darlle o uso que merece a tanto traballo .


viernes, 20 de marzo de 2015

Unha despedida...


vaia dende aquí a miña homenaxe á persoa que me ensinou a calcetar. A miña avoa... Sempre levarei no recordo aquelas tardes de inverno detrás da cociña de leña calcetando.
Ata sempre avoiña.

sábado, 7 de febrero de 2015

Cubrecueiros

Xa hai uns cantos meses que non paso por aquí, andiven algo liada... pero sigo calcetando. Unha das cousas que  fixen foi este cubrecueiros  que tivo moito éxito en instagram, e por aclamación popular aquí vos deixo o patrón. As fotos non son moi boas pero coa luz que había non puiden conseguir outra cousa... 


PATRÓN (galego)
 Materiais: 4 botóns de madeira, 1 madeixa de la para agullas do 5, eu usei a calidade Altea de Hilaturas LM.
Mostra: 16 puntos son 10 cm

 Monta 46 puntos e tece a punto do dereito unhas 40 voltas, 13 cm aproximadamente. 
Seguinte volta: pecha os 8  primeiros puntos e tece do dereito ata o final. 
Seguinte volta: pecha os 8 primeiros puntos e tece do dereito ata o final.
Quedan 30 puntos.
Seguinte volta : 3 puntos do dereito, mingua  1 punto (pasa un sen tecer tece o seguinte e monta o punto deslizado por riba deste último), tece todo do dereito ata os 5 puntos finais , mingua 1 punto( tecendo dous puntos xuntos), tece os 3 últimos puntos do dereito.
Seguinte volta: todos os puntos do dereito.
Repite estas dúas voltas 9 veces. Quedan 12 puntos.
Tece 6 voltas a punto dereito.
Seguinte volta: tres puntos do dereito, un aumento ( recolle  coa agulla a lazada que vai de punto a punto e técea retorta), tece todo do dereito ata os 3 últimos puntos, fai un aumento, 3 puntos dereito.
Seguinte volta: todos os puntos do dereito.
Repite estas duas últimas voltas 6 veces en total. Quedan 24 puntos.
Seguinte volta: 3 puntos dereito, fai unha botoeira ( tece 2 puntos xuntos e fai unha lazada), segue a tecer do dereito ata os 5 puntos últimos e fai outra botoeira( esta vez fai a lazada primeiro e e os 2 puntos xuntos despois), 3 puntos do dereito.
A continuación segue tecendo do dereito 9,5 cm máis que son unhas 28 voltas coa miña tensión de tecido. 
Repite a volta das botoeiras. E tece 4 voltas máis de punto do dereito. Pecha todos os  puntos, remata os fíos e cóselle os botóns e terás rematado este cubrecueiros.
Se tés algunha dúbida preguntame sen problema, tentarei contestarche...
Espero que che sirva...





Patrón (castellano):

Material: 4 botones, 1 ovillo de lana para agujas del 5 ( yo usé la calidad Altea de Hilaturas LM).
Muestra: 16 puntos son 10 cm
Monta 46 puntos y teje del derecho unas 40 vueltas, 13 cm.
Siguiente vuelta: Cierra los 8 primeros puntos y teje del derecho hasta el final.
Siguiente vuelta: cierra los 8 primeros puntos y teje del derecho hasta el final.
Quedan 30 puntos.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, mengua 1 punto( desliza un punto sin tejer, teje el siguiente y monta el punto deslizado sobre el tejido), teje del derecho hasta que queden 5 puntos y mengua otro punto( dos puntos juntos del derecho), teje los 3 últimos puntos del derecho.
Siguiente vuelta: teje todos los puntos del derecho.
Repite estas 2 vueltas 9 veces en total, quedan 12 puntos.
Teje 6 vueltas del derecho.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, un aumento ( recoge la hebra que hai entre los 2 puntos con la aguja y téjela  retorcida del derecho), sigue tejiendo del derecho hasta que queden 3 puntos, haz un aumento , y teje los 3 últimos del derecho.
Siguiente vuelta: teje todo del derecho.
Repite estas 2 vueltas 6 veces en total hasta que tengas 24 puntos.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, haz un ojal ( teje dos puntos juntos y echa una hebra en la aguja), teje del derecho hasta los 5 últimos puntos, haz otro ojal ( esta vez haz la hebra antes y luego haz los 2 puntos juntos), 3 puntos del derecho.
Sigue tejiendo del derecho 9,5 cm más ( unas 28 vueltas).  Repite la vuelta de los ojales. Teje 4 vueltas más a punto derecho y cierra los puntos. Remata los hilos y cose los botones y tendrás listo tu cubrepañales.
Espero que os sirva para hacer muchos. Si encuentras algún fallo o tienes alguna duda pregúntame, intentaré solucionarlo.