sábado, 7 de noviembre de 2015

Amigas tecedoras


A miña amiga Bolboreta calceta e máis eu puxémonos xuntas a tecer un chal da deseñadora Boo Knits que había tempo que queriamos facer. Busquei unha lá que tiña gardada para algo especial
e, outra amiga, El telar de Ixchel, regaloume os abalorios que quedaban perfectos para a lá que escollín. Comecei a tecelo e aquí comezou a miña odisea... Primeiro  acabáronseme os abalorios e tiven que mercar máis, pedinos á tenda británica onde os mercara El telar de Ixchel, co cal xa tiven que esperar uns dez días a que me  chegaran. Logo da espera polos abalorios, cando xa estaba a piques de rematalo, acabouseme a lá  e non quería desfacer ese remate  de piquiños tan bonito e laborioso. Así que decidín pedir axuda en ravelry, ás amigas tecedoras por se algunha tivese un resto de la da mesma cor. E foi outra amiga tecedora, Anisor, a que me axudou esta vez, mandoume un noveliño de lá que lle sobrara dun dos seus proxectos. Pese a todos estes contratempos, e grazas á axuda desinteresada destas amigas tecedoras conseguín rematar este chal. Sen elas  este sería un proxecto sen rematar metido nunha bolsa, e cun montón de horas perdidas. Cando empecei a navegar por internet nunca pensei que podería coñecer a tanta xente co mesmo interés ca min. E dende logo nunca imaxinei que faría amigas de verdade, das que sempre están aí incondicionalmente. Grazas nenas!!! sodes uns soles.