sábado, 30 de julio de 2016

TECELANDIA faise realidade....

Levo un montón de tempo sen escribir, pero esta vez teño un motivo máis que xustificado... Levaba tempo dándolle voltas ao de abrir unha tenda-obradoiro de lás pero non me daba decidido. En decembro, cando tiven que deixar o meu traballo tomei a decisión. E dende aquela, todo foron papeleos, obras, máis papeleos...máis obras...
Pero xa case está... falta pouquiño para que Tecelandia abra as súas portas... Unha tenda-obradoiro na que haberá, ademáis de lá, un espazo para facer cursos de calceta, gancho, feltro con agulla... costura creativa... quedadas de calceta... estamos na rúa lavandeira número 13 en Lugo.
¡¡¡Xa estou desexando!!!
E aquí unhas fotiños de como está quedando...





como vedes xa case está lista... faltan uns detalliños

Onte foi un día moi especial, viñeron a coñecer tecelandia unhas amigas, amigas con todas as letras, que empezaron como coñecidas da quedada de calceta e se convertiron nunhas grandes amigas e confidentes.... pero esa é outra historia que xa vos contarei...
O caso é que viñeron e pasamos unha tarde  entre risas, calceta, e tarta de queixo.... (esta última non pode faltar nas nosas reunións...)




   Faltan algunhas que tiveron que marchar antes e Irene, que a coñecín onte pero que creo que nos vamos a ver a miudo....
¡¡¡¡GRAZAS A TODAS!!!! sen vós esto sería máis difícil...