lunes, 24 de octubre de 2016

SORTEO!!




 Estamos de sorteo!! Aínda estades a tempo de participar...
O 10 de outubro publicamos o primeiro patrón de Tecelandia en Ravelry, patrón gratuito e sinxelo á par que entretido, e para celebralo organizamos un KAL-SORTEO  en instagram. Imos sortear entre todos os que o acaben antes do 30 de outubro unha madeixa de Malabrigo Ríos en cor Volcán e un xogo de marcadores Tecelandia.
Para participar só tedes que:
  1. Publicar a foto do cuello terminado en instagram cos hastags #kalribeirasacra e #tecelandia.
  2. Seguirnos en instagram @tecelandia .
  3. Enlazar na descripción da foto o teu proxecto en Ravelry



martes, 4 de octubre de 2016

Punto bobo

E aínda que andiven liada coa apertura da tenda non deixei de calcetar...
fixen este conxunto de chaqueta e pucho de talle dun ano para poñer no escaparate da tenda. Está feito con Merino aran de Katia, unha lá moi gustosa e cunha relación calidade/precio máis que aceptable. Non me quixen complicar a vida, así que decidin facer algo sinxelo en punto bobo, podedes atopar os patróns en Ravelry

  •  Patrón: garter ear flap hat.
  • Talle: 1 ano
  • Lá: katia merino arán 

  •  Patrón: baby surprise jacket de Elizabeth Zimmerman.
  • Talle: 1 ano
  • Lá: katia merino arán 

lunes, 3 de octubre de 2016

e xa vai un mes..

Contábavos na anterior entrada que faltaba pouco para abrir... pois xa está, abrimos o 6 de setembro, se nos seguides en facebook xa o veríades.

Xa logo vai un mes, case sen  enterarme. Foi un mes de moitos  moitos nervios, como podedes imaxinar, tamén de moitas emocións, a parte de sentirme abrumada por todo o que supón abrir un negocio, tamén me sentín moi arroupada e querida. Fostes moitos os que me fixestes chegar os vosos bos desexos para esta nova andaina, tanto de forma virtual, como persoalmente. E dende aquí quérovos agradecer todas esas mostras de apoio e cariño.¡¡¡¡ GRAZAS DE CORAZÓN!!!!por estar sempre aí.
Como vedes na foto Tecelandia comparte espazo con Bordados Lugo,
 unha pequena empresa adicada a personalizar todo tipo de textil mediante a técnica do bordado, e tamén fan serigrafiado.
 Así que xa sabedes se queredes facer algún tipo de prenda presonalizada non dubidedes en  pedir presuposto.