lunes, 3 de octubre de 2016

e xa vai un mes..

Contábavos na anterior entrada que faltaba pouco para abrir... pois xa está, abrimos o 6 de setembro, se nos seguides en facebook xa o veríades.

Xa logo vai un mes, case sen  enterarme. Foi un mes de moitos  moitos nervios, como podedes imaxinar, tamén de moitas emocións, a parte de sentirme abrumada por todo o que supón abrir un negocio, tamén me sentín moi arroupada e querida. Fostes moitos os que me fixestes chegar os vosos bos desexos para esta nova andaina, tanto de forma virtual, como persoalmente. E dende aquí quérovos agradecer todas esas mostras de apoio e cariño.¡¡¡¡ GRAZAS DE CORAZÓN!!!!por estar sempre aí.
Como vedes na foto Tecelandia comparte espazo con Bordados Lugo,
 unha pequena empresa adicada a personalizar todo tipo de textil mediante a técnica do bordado, e tamén fan serigrafiado.
 Así que xa sabedes se queredes facer algún tipo de prenda presonalizada non dubidedes en  pedir presuposto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario